por Jalifa P. o 20/04/2005 - chúzame - # - 41 Comentários
Hai que ver como cambiou o Reixa...
por Foucelhas o día 20/04/2005 às 11:00 - #
Hahahahaha!!
por Gusanitólogo o día 20/04/2005 às 12:24 - #
Non o entendo... :?
e por certo, Foucelhas, que lle pasa ó Reixa?
por ifrit o día 20/04/2005 às 14:04 - #
Moi bó, coma sempre, seguen a nos encher de eucaliptos.
ifrit: O Koala (o bichiño da diana) aliméntase de follas de eucalipto (árbore orixinaria de Australia e moi fácil de atopar en Galicia). O símbolo da diana era a marca do programa de TV do Sr. Reixa na TVG hai ¿12-15 anos? "Galicia sito distinto", pero o animal que aparecía daquelas era unha vaca, ¿suiza leiteira ou marela?, xa non me lembro. Espero que aclarexe un pouco o significado do choio.
Bicos e apertas
por fedorento@hotmail.com o día 20/04/2005 às 14:49 - #
Parafraseando ós míticos Skornabois: "Entra no meu xogo, e participa xa, pois Galiza e Australia non deben ser igual. Cada un que arranques, un premio che van dar, unha bolsiña de auga, pra lava-la túa moral... Caciques e eucaliptos, a mesma cousa son, os dous chupan o sangue a quen teñen ó arredor..."
Non aos eucaliptos!!
por rixo o día 20/04/2005 às 16:30 - #
De non ser polos comentarios non me pispaba.
Caralludo!
por Samo o día 20/04/2005 às 16:55 - #
alédame esa conciencia anti-eucaliptos!!! iso,desecan os nosos solos, non deixan medrar a nosa flora (a autóctona) e estragan os estratos para futuro cultivo: décadas de mala política forestal, a ver se a trocamos dunha vez, q cando se vaian talando tamén servirán para Finsa e empresas GALEGAS do moble.
Un saúdo , e se tedes coma desexo na vida prantar unha árbore q sexa NOSA: un castiro ou un carballo NIN se che ocorra o eucalipto
GALICIA ETERNA
por Mariñas o día 20/04/2005 às 18:44 - #
Moi bo!Como sempre.
Polo que eu sei, o koala non podería vivir aquí porque só se alimenta dunha especie de eucalipto, que é moi raro mesmo en Australia, polo que o koala está en perigo de extinción. De todos os xeitos, se soltasen un aquí tardaría en decatarse que non está na súa terra.
por aéom o día 20/04/2005 às 19:51 - #
xa o din os da CA-CA (ou eran os da VA-CA?):
Eukal Hiptoak, Austral Herrira!
por calandraca o día 20/04/2005 às 20:27 - #
Viva a República de Sitio Distinto!
por Roi o día 20/04/2005 às 21:25 - #
Vós, coma sempre e máis decote.
Nota: xa viña co chapeu quitado.
www.mividacomounchino.com
por MI VIDA COMO UN CHINO o día 21/04/2005 às 00:34 - #
As gaitas, as arbres ,(crítica esa última coa que estou totalmente dacordo).........deixade desangra-lo porco pero iso sí que non perda nin un pelo do rabo.....oxe Fraga anunciará parece ser o adelanto das eleccións a xuño porque están acollonados e porque probablemente cando aproven os presupostos xerais, despóis das eleccións adelantadas, os posibles beneficios para Galicia poderían quitarlles votos...!!!!!!! así que van asegura-la sangue do porco: os seus votiños... os que levan anos fazendo.... saben fazez ben pra eles e mentres un eucalipto máis que pranto unha mente galega lúcida máis que ocupo.........
por xan o día 21/04/2005 às 10:05 - #
Haber,non vos cascades,iso dos eucaliptos e un falso mito,unha cuestion reivindicativa de moda sen fundamento..............non e certo para nada q destrozan o chan,esta demostrado q absorben as mesmas cantidades de auga q os mesmos carballos!o unico grave q pode pasar con eles e q destrozan a nosa paisaxe,supoñen un importante impacto visual na nosa terra..............,pero polo demais estan ahi polo seu rapidisimo crecemento,e para o exclusivo aproveitamento forestal!
O verdadeiramente preocupante son os incendios!!!
por eu o día 21/04/2005 às 10:18 - #
jodeme esto, se adianta o PP as eleccións e porque estan facendo, entre outras cousas, leña da arbore caida do BNG. Paco e os seus upegeiros botaron a beiras, e ante a crise que eso produce, fraga adianta as eleccións tentando que o partido que poderia fazer de chave para un cambio de goberno leve menos votos e non poida pactar co soe... ninguen o vai decir no seu momento pero xa o digo eu agora, por se acaso: PACO RODRIGUEZ CULPÁBEL DE QUE FRAGA VOLTE A GAÑAR AS ELECCIÓNS!! (cando digo paco digo upg, que sonche todos o mesmo, non coñezo un partido nacionalista que faga menos polo seu pais)
por vicente xosé f. h. o día 21/04/2005 às 10:19 - #
Ome eiquí estamos !!!!!!!!!!!!!!!!!!!! a ver se o fazemos a ver se os votamos......IMOS ALOOOOOOOO!!!!!!!!!!!!!!
por XAN o día 21/04/2005 às 10:31 - #
Paco Vázquez demisión
por crocodilo o día 21/04/2005 às 11:41 - #
coño, pero en ves de ter un culpábel necesitamos un posíbel non?o que queremos e necesitamos é votar fóra o pp
por xan o día 21/04/2005 às 12:43 - #
O que dixo Eu, é dicer Ti, ou Eu... arrecarafio! Pois iso, o que dixo aquel, está cientificamente demostrado? Ten unha base fiábel?
por Gusanitólogo o día 21/04/2005 às 14:13 - #
votame
por torito o día 21/04/2005 às 15:13 - #
Eu non tes nin idea de eucaliptos!!o q sí q está demostrado q segregan toxinas PRA o resto de flora!a aposta polo medioambiente en Galicia é a repoboación co autóctono q se SON deiquí é porque a natureza os fixo pra medrar eiquí, é sinxelo: e se souberas...a longo prazo producen menos beneficios co estrago do solo cultivable.
Cago no Fraga de diola!!!cumpro os 18 en setembro e fódeme o de ir votar ;( é certo nin tanta UPG nin tanta radicalización: a esquerda debe acougarse pra vencer, cando esteamos asentados xa puxaremos pola NAZÓN. Resúltame deprimente q o BNG se alede da vitoria CACIQUIL do PNV, q NON SOMOS COMA ELES, q non son tan diferentes do pp deiquí!!!
a ver se espertamos do SONO
por Mariñas o día 21/04/2005 às 19:09 - #
hai que botalos!
por patrom o día 21/04/2005 às 19:22 - #
Como se pode comprobar en calquera bosque de eucaliptos, os espacios entre arbores están valeiros de calquer tipo de herba ou matoxos, e o solo atópase convertido en area, pouco mais ou menos (esto e moita mís palpable se se compara con calquera bosque de especie autóctona). Por iso, cando chove, e na nosa terriña chove ben, a auga lévase monte abaixo o mantillo, que é a primeira capa do solo (os primeiros 10-20 cm. debaixo do chán) deixando sen alimento ó resto das plantas. As raíces do eucalipto tras alimentarse do mantillo nos primeiros anos, logo crecen cara o fondo, chuchando as vitaminas en estratos mais alonxados da superficie, e así, como as raíces van tan profundas poden crecer tantos metros.
Aínda que a chegada do eucalipto a Galicia penso que foi no sáculo XiX, a gran platación na nosa comunidade coido que produziuse cando a apertura da Celulosa en Pontevedra (¿1974?), por eso as maiores concentracións dánse naquela provincia.
Outro problema do eucalipto é nos incendios, parece ser que o eucalipto, aínda que esto nunca o vín, pero teño un irmao bombeiro, non é unha árbore que arda pouco a pouco, coma a maioría das autóctonas de galicia, senon que vai quentando a savia dentro de sí, e quando chega a unha temperatura precisa é coma si estoupase, prenddo a árbore enteira coma unha teia, mesmo as veces, cando o fogo xa está estinguido. provocando novos focos.
Mariñas, Non sabía o das toxinas, haberá que ler máis.
E aínda que esteas de cumpreanos o 18, hai tempo de votar ate as 8 da tarde, anímate. Eu vou votar como sexa e vivo a 14.000 Km. de Galicia (aínda que non teña que ir andando).
por fedorento@hotmail.com o día 22/04/2005 às 08:23 - #
Num documental de certa canle de televisao espanhola, falabam do método de como os eucaliptos, cando nom tinham máis cham para crecer buscaban facer sitio para avanzar.
Era o lume. A savia da árbore australiana é como di fedorento... arde que da noxo vela.
por EMF o día 22/04/2005 às 09:47 - #
Estou dacordo, hai que acougar e gañar terreo,pero va que desta o facemos, coma Koalas autóctonos, de eucaliptus en eucaliprus Galiza ó traveso e logo xa talaremo-lo que faga falla. NOn o perdades, frase de fraga en relaçom coa sua nova candidatura ó 19XUÑO:"Gustaríame escribir un libro sobre Lázaro o que viviu duas veces porque o recucitaron" QUE MEDO ME DA compañeiros, así que o dito, aínda que doa no corazón hai que ir votar para que deixe de doernos a testa e o cú , que xa está ben.
por xanno55diaatao19x o día 22/04/2005 às 10:38 - #
estamos en guerra ... pero hai q reflexionar
por medulio o día 22/04/2005 às 11:15 - #
PARABÉNS Ó CEREBRO QUE COCE ESTES DESEÑOS.
MOITAS GRACIAS POR COMPARTIR AS TÚAS LUCES CON NÓS.
por BKS o día 22/04/2005 às 12:09 - #
e o cartel de fraga deste ano quén o fai? os que inventaron o photoshop? ou encárganlle a dygra un modelo en 3D?
por calandraca o día 23/04/2005 às 00:12 - #
Pois eu sinto-me aqui como um carvalho circundado de eucaliptos ... a empregar a ortografia castelhana para escrever a nossa língua.
Tam ESTRANGEIROS SOM OS EUCALIPTOS, quanto O "Ñ" !!
Galiza livre! (de eucaliptos e de "Ñ"s)
por Alfandegário sem fronteiras o día 23/04/2005 às 10:20 - #
Depois tenho chegado à conclusom de que os "Ñ", como os eucaliptos, já botarom fundas raizes nas mentes (nom só no terreno) dos galegos.
E é o que têm estas pragas: umha volta lhes abres a porta, nom há deus de tirá-las para fora. :DDD
Precisamos ervicidas (também gráficos) para os controlar !!
Fora os eucaliptos da floresta galega !!
Fora os Ñ da grafia galega !!
por Alfandegário sem fronteiras o día 23/04/2005 às 15:54 - #
Hei carbalheira!
por VaiChover o día 25/04/2005 às 13:57 - #
en portugal tamen hai arcolitos
por patrom o día 25/04/2005 às 14:32 - #
lo mejor de lo mejor de lo mejor que he visto en mucho tiempo.
impagable
imaginación y buen gusto
intuyo una cartografía craneal cuando menos interesante.
por pedanteconsentido o día 25/04/2005 às 16:02 - #
ola aduaneiros e aduaneiras,
No Eire, un feixe de galegos, a columna Rosalia, estamos a organizar unha concentracion de protesta diante da embaixada espanhola os dias 27 e 28 de maio. Estamos interesados en espalhar esta idea. Queremos arrexuntar xente diante das embaixadas por toda Europa, pero necesitamos axuda.
De momento, entre galegos, bascos e catalans somos unhas dez persoas de Cork dispostos pra ir a Dublin. Se podedes ponhernos en contacto con mais galegos nesta terra seria unha grande axuda.
Saudos
por non_o_desfile_28demaio@hotmail.com o día 25/04/2005 às 16:05 - #
Sintoo pero esta visto que non compartimos prioridades, espero veros nas urnas!!!ou a ver se é que imos ter medo nós mesmos de que as cousiñas cambien e teñamos que traballar arreo.....somos todos uns miserábels non o podo crer, de verdade que respeto de todo as vosas opinións e preocupazóns pero non podo concebir cómo non somos capaces de ter prioridades políticas REAIS na situación que estamos, deixade ou que teñamos que seguir saíndo fóra e voltar de xubilados a ser unha vaca máis no millo e uns anarquistas de extrema dereita máis poñendo a nosa casiña cara ónde nos de o vento.......Breogán e millor que segas a durmir.......
por xanvemonosnasurnas o día 25/04/2005 às 17:35 - #
Moi sutil, pero moi bó xD
por CartDestr o día 26/04/2005 às 02:37 - #
non te podes agachar Pch...o teu estilaso é maxistral e iso recoñécese aínda que non leve nome.
Noraboa unha vez máis polo teu traballo.
por galeryvall o día 26/04/2005 às 10:34 - #
Os "Ñ"s na grafia galega som TAM PREJUDICIAIS PARA A LÍNGUA (e a NAÇOM), quanto os EUCALIPTOS PARA O MONTE !!
POLA SAÚDE LINGUÍSTICA, NACIONAL E FLORESTAL: FORA "Ñ"s E FORA EUCALIPTOS DA GALIZA.
(Ou isso, ou: "Ghalisia", sitio distinto ... e q viva Fragha!)
por Alfandegário sem fronteiras o día 27/04/2005 às 18:19 - #
viva frAgha AutocTone !!!!
por mos o día 29/04/2005 às 17:31 - #
A min, o que verdaderamente me puña...... era mirar para Ana Pastor cos seus tacóns por canta festa gastronómicas había no pais para gañar adeptos.
Baltar non qiso e.... acabóuse Ana Pastor e as festas gastronómicas. Cousas de Dn. Manuel e a súa sucesión.
por BOUZABALADA o día 30/05/2005 às 16:18 - #
ñññññññññññññññññññññññññññññññññññññññññññññññññññññññññññññññññññññññññññññññññññññññññññññññññññññññññññññññññññu
mellor español por ñ que portugues
os portugueses foron os que negaron do galego
estudia historia paspan ...
por Oscar o día 10/10/2005 às 17:02 - #
a ver imos por partes
1.esta claro que o ocalito como lle chaman en algures nom pertence a nosa terra e que seria mellor ter castinheiros e carballos...son un veleno para o chan,a sua folla e tan acida que empodrece a terra e non deixa que crezca nada o seu redor,que os arrancas e nacen do seu tocon ata tres veces...toda unha praga para os nosos montes
2.o que non vos decatades e que casi toda a nosa terra por degracia esta queimada e pelada...os montes se pelan cando quedan as pedras o aire,todos feos eles..e sen ningun arbore
neles...esto paso nos montes que arden e as especies autoctonas cas que se repobla non sobreviven o necesario pa suxeitar a terra que ca erosion vaise co vento,coma a pelicula,e nunha pedra non nace nada
os ocalitos poderan australiana,igual ca acacia outra invasora dos nosos montes,pero polo menos fan que Galiza este verde e non gris de pedras
un saudo xente
por home das estrelas o día 23/07/2006 às 19:36 - #
aduaneirossemfronteiras.org: XML | publicado sob a licença creative commons